As pegadas dos romanos
aínda fican nos camiños de Larouco
Estas rutas danche a coñecer parte da rica historia de Larouco, moi ligada ao noso preciado viño. Poderás admirar os lagares escavados no chan en tempos remotos para obter o zume da uva, e camiñar por un tramo da Via Nova, calzada romana do século I.
Na imaxe inferior, vistas aos novos viñedos dende o lagar rupestre de As Pedreiras.
Mapa da ruta
Preme en (ampliar mapa) para abrir a ruta en Google Maps.
Ruta Romana do Viño de Larouco
| Sinalización | Frechas de cor azul. |
| Distancia | 14,3 km. |
| Acumulado positivo | 420 metros. |
| Dificultade | Media. |
Ruta dos Lagares e Via Romana
| Sinalización | Frechas de cor amarela. |
| Distancia | 4,8 km (desviación ao lagar As Pedreiras, 850 metros ida). |
| Acumulado positivo | 170 metros. |
| Dificultade | Baixa. |
Ruta de Seadur - Pena Falcoeira
| Sinalización | Frechas de cor vermello. |
| Distancia | 6,9 km. |
| Acumulado positivo | 250 metros. |
| Dificultade | Baixa. |
Puntos de interese
Lagar rupestre As Pedreiras
Achado en 2020 polo viticultor local Mario Yáñez, que o descubriu ao facer os bancais nas súas terras. Aínda que é difícil datalo, é mostra da importancia do viño nesta terra xa no pasado.
Lagar rupestre As Penelas
Tamén foi achado por Mario Yáñez, en 2021. Está nunha arboreda de sobreiras e aciñeiras, pero hai tempo estes campos eran viñedos. A grande calidade dos viños de Larouco xa era coñecida en tempos inmemoriais.
Pazo Casa Grande de Freixido
Data do século XVII, aínda que está moi reformado, e conta con varios anexos na súa finca de case dous mil metros cadrados: adega, alpendre, pendello, corte e mesmo cova para a conservación do viño.
Igrexa de Santa María de Larouco
Foi construída no século XVIII en substitución da primitiva, demasiado pequena e situada nun lugar poco accesible de Larouco. É de estilo barroco, propio desa época, e ten unha planta de cruz latina.
Viñedos e Via Nova romana
Os restos romanos achados en terras de Larouco falan da importancia do viño mesmo nos primeiros anos da nosa era. Esta ruta percorre parte da Via Nova, importante carretera romana que unía as actuais Braga e Astorga, e dende ela poden observarse os viñedos dos que xa eles sen dúbida gozaban.
Natureza
Larouco é unha zona mediterránea, e así nos seus campos podemos atopar vexetais típicos desta climatoloxía. Ás xaras da imaxe acompáñanas aciñeiras, sobreiras, olivos e moitas otras especies, como son os propios viñedos. Con isto, tamén se asintan en Larouco especies animais propias de climas mediterráneos.